Publicador de contidos
Publicador de contidos

Villanueva de Gállego, en Zaragoza, amosa a súa repulsa contra o crime machista dunha das súas veciñas

Villanueva de Gállego, en Zaragoza, amosa a súa repulsa contra o crime machista dunha das súas veciñas

A vítima, de 39 anos, foi asasinada, presuntamente pola súa exparella, diante do fillo de ambos de 6 anos

O home permanece detido

G24.gal 04/03/2023 20:56 Última actualización 04/03/2023 21:06

A concentración de condena por este crime machista e en contra da violencia de xénero comezaba ás seis da tarde.

Un cento de persoas congregábanse na praza de España de Villanueva de Gállego, en Zaragoza, para condenar o asasinato de Mari Carmen, de 39 anos.

"A violencia no ámbito familiar contra a muller e nalgúns casos contra os fillos debería avergoñar a calquera sociedade que aspire a denominarse xusta", dixo o alcalde Mariano Marcén.

Autoridades, veciños e achegados da vítima gardaron un minuto de silencio.

Segundo a investigación, o detido polo asasinato machista agrediu a vítima cun coitelo no portal da vivenda del cando a muller ía recoller o fillo de ambos como facía cada venres. O pequeno, de seis anos, presenciou o crime e está a ser atendido polos servizos sociais, educadores e psicólogos. 

A vítima e a súa exparella estaban en trámites de divorcio e estaban incluídos no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero, do Ministerio do Interior. Ela presentara varias denuncias por malos tratos, aínda que a orde de afastamento prescribira.

A corporación municipal de Villanueva de Gállego decretou dous días de loito oficial, este domingo e o luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade