Villares: "Coa xente que temos arriba, tarde ou cedo as ocasións entrarán"
Villares: "Coa xente que temos arriba, tarde ou cedo as ocasións entrarán"
Villares prefire que a competición non pare, malia perder compañeiros como Yeremay
Diego Villares, mediocentro do Deportivo, compareceu este xoves en conferencia de prensa en Abegondo para deixar constancia da súa convicción de que o equipo remontará o voo para fuxir da zona de descenso que provisionalmente ocupa tras o seu último empate en casa ante o Málaga (0-0).
Un choque no que o club herculino volveu evidenciar dificultades para anotar como local; un hándicap que non lle quita o soño ao 8 branco e azul, que asegura que o gol acabará chegando.
Quizais o domingo en Elxe o cadro coruñés poida desquitarse.
"Non sabería dicir por que o equipo sofre para marcar en casa, creo que teriamos que estar máis preocupados se as ocasións non se xerasen, coa xente que temos arriba tarde ou cedo as ocasións van acabar entrando", expuxo.
Yeremay está coa sub-21, pero non para a Segunda División.
"Sería unha faena ter que parar a liga, a competición na Segunda é moi longa".