Publicador de contidos
Publicador de contidos

As amigas da vítima do crime do Birloque desmontan a versión do acusado

As amigas da vítima do crime do Birloque desmontan a versión do acusado

A última persoa que estivo coa parella a tarde do crime desmente que o acusado estivese bébedo

A familia non acepta o "perdón" do acusado nin o trato antes do xuízo: "Queremos que se declare asasinato"

G24.gal 16/10/2024 14:40

"Estaba todo o tempo dicindo: "Horrible, horrible. Estaba moi nerviosa e asustada tamén. Atopeina moi distinta a como era Mónica".

É a declaración dunha amiga de Mónica, da vítima, a última persoa que a viu con vida, a mesma tarde que foi asasinada. Confesoulle que estaba agoniada, que quería pór fin á relación, pero que el non o aceptaba. Nin sequera lle devolveu as chaves da súa casa.

"Ela díxome que ela llas pedira e que el non llas dera. Por iso, eu lle insistín en que cambiara a pechadura", continuou a mesma amiga.

"Todas as persoas que falaron con ela os días previos coinciden en que estaba moi nerviosa, que a situación se lle fora da man. Non quería alertar á familia. Quería encargarse ela de solucionar o problema pero, ao final, non deu controlado a situación", engade a parella da filla de Mónica, José Fernández Liñares.

O testemuño coincide co da outra amiga que declarou esta mañá. Pasaran a tarde xuntas o día antes do crime. Afirmou que era posesivo e celoso. E tamén que vivía de Mónica.

Esta segunda xornada continuou con máis testemuños, como o do veciño que vive parede con parede e que confirmou a discusión desa noite, antes dunha última ameaza: "Vas pagar isto".

"Que se diferencie ben que é un delito de asasinato e non de homicidio, que este señor estaba dentro das súas capacidades, que acabou coa súa vida porque Mónica non aceptou que acabara coa relación. Foi dono, xuíz e verdugo", sinala Liñares.

A familia non acepta o perdón do acusado, nin tampouco a carta que lles enviou xusto antes do xuízo, despois de dous anos sen contacto. E porque non cren nel, tampouco aceptaron o trato que lles propuxo antes do xuízo. Queren que se faga xustiza por Mónica, a panadeira do Birloque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade