Publicador de contidos
Publicador de contidos

O delegado do Goberno en Galicia avoga por revisar protocolos de actuación no fútbol

O delegado do Goberno en Galicia avoga por revisar protocolos de actuación no fútbol

Dixo entender o “enfado” da alcaldesa da Coruña, Inés Rey

G24.gal 08/10/2024 11:07 Última actualización 08/10/2024 11:15

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, afirmou este martes que a Policía Nacional “tomou nota” do altercados protagonizados polos ultras do Deportivo e o Málaga durante a fin de semana na Coruña e que xa traballa nunha “revisión” dos protocolos de actuación para que non se repitan no futuro.

“Necesariamente os protocolos de actuación deben de actualizarse, deben de modificarse, e xa tomaron nota deste problema que tivemos na Coruña. A partir de aí, seguro que se adecuarán a este tipo de situacións”, sinalou aos xornalistas.

Neste sentido, non escondeu a súa “sorpresa” pola violencia existente no fútbol, por iso avogou por facer “unha reflexión sosegada e conxunta” entre a Liga, os clubs de fútbol e as forzas de seguridade para atopar “unha solución” a este problema.

“Era un partido de alto risco, no que se fixo unha xunta de seguridade e no que se aplicaron os protocolos por parte dos profesionais. Isto evidencia que nalgunhas ocasións eses protocolos hai que actualizalos, porque este tipo de actuacións violentas non son puntuais, son case, case, reiteradas”, denunciou.

Pedro Blanco, así mesmo, condenou os feitos realizados por parte dos ultras do Málaga e mostrou o seu “apoio” e “solidariedade” cos propietarios do establecemento que sufriu os danos materiais.

Dixo entender o “enfado” da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pero tamén puxo “en valor” a actuación policial porque evitou “un enfrontamento” entre os grupos Riazor Blues (Deportivo) e Fronte Bokerón (Málaga) que causasen “danos persoais”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar