Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte e tres equipos galegos participan na competición europea de lanzamento de satélites escolares

Vinte e tres equipos galegos participan na competición europea de lanzamento de satélites escolares

A Axencia Espacial Europea promove o CanSat2024 para desenvolver o coñecemento da aeronaútica

G24.gal 23/04/2024 14:38

140 estudantes de 23 equipos galegos participan na competición de lanzamento de satélites CanSat2024 que promove a Axencia Espacial Europea. Desde o aeródromo As Gaivotas, en Cerceda, lanzaron hoxe os seus artefactos para clasificarse para a segunda fase.

Un dron desde o aire vai soltando, por quendas e de catro en catro, os satélites deseñados polos alumnos de 23 institutos galegos.

Son pequenos artefactos, do tamaño dunha lata de bebidas, pero nese espazo reproducen os elementos dun satélite real, desde a alimentación eléctrica aos sensores do sistema de comunicacións. 

O día 26 avaliaranse os resultados de hoxe para decidir cal destes equipos representa a Galicia na seguinte fase da competición europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar