Visitantes e turistas, os que máis anticipan a compra de lotaría de Nadal
Visitantes e turistas, os que máis anticipan a compra de lotaría de Nadal
Cada vez máis xente merca anticipadamente a lotaría de Nadal
Na administración número tres de Santiago xa case non queda a terminación en sete
Hai unha probabilidade entre cen mil de que nos toque o premio Gordo da lotaría de Nadal, pero, para tentar a sorte, o imprescindible é mercar, polo menos, un décimo. Os boletos de Nadal están á venda desde xullo e, segundo os loteiros, as vendas están indo moi ben.
Os que queiran un sete da rúa do Franco de Santiago para este Nadal teñen que apurar. A terminación xa case está toda vendida.
Precisamente o sete, o cero e o oito foron as terminacións máis premiadas nos últimos dez anos no sorteo de Nadal. Todo vale para tentar á sorte pero, polo que vemos, cada vez é máis frecuente, xa, nin elixir número. Moitos clientes deixan que sexa o vendedor o que seleccione o boleto de entre todos os que están expostos detrás do mostrador.
Este ano haberá cento oitenta e cinco millóns de décimos, que son cinco millóns máis que o ano pasado. Calquera pode ser o premiado. Tamén aumenta a cantidade de premios. Este Nadal, o sorteo repartirá dous mil cincocentos noventa millóns de euros en premios, setenta millóns máis que o ano pasado.
Cada vez máis xente anticipa a compra dos décimos da lotaría de Nadal. Moitos dos que mercan os boletos son visitantes e turistas.