Publicador de contidos
Publicador de contidos

Visitas ao buque-escola da Mariña alemá no porto da Coruña

Visitas ao buque-escola da Mariña alemá no porto da Coruña

O venres partirá da Coruña cara a Cádiz, onde novos oficiais iniciarán a súa formación a bordo

G24.gal 04/04/2023 22:23 Última actualización 05/04/2023 07:42

Expectación no porto da Coruña para visitar o buque-escola da Mariña alemá na xornada de portas aberta. Con case 90 metros de eslora e tres grandes mastros, o veleiro Gorch Fock espertou o interese tamén dos máis pequenos. 

Leva 65 sucando o mar e formando os cadetes da Armada alemá. Entre as súas prestacións destaca a velocidade. "Este buque resiste ben os fortes ventos do mar do Norte. Din que con este buque facilmente se acadan os 20 nós, por exemplo", explica o coronel Markus Bungert, agregado de Defensa da Embaixada de Alemaña en España. 

A diferenza do buque español Juan Sebastián Elcano, o buque-escola alemán renova a súa tripulación por quendas ao longo do ano. O venres partirá da Coruña cara a Cádiz onde novos oficiais iniciarán a súa formación a bordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade