Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria importantísima do Obradoiro logo dunha gran prórroga

Vitoria importantísima do Obradoiro logo dunha gran prórroga

Novena vitoria da tempada e paso importante dos de Moncho Fernández para acadar a permanencia

G24.gal 02/04/2022 20:03

Partido de ida, volta e reviravolta no SAR. Un partidazo de 45 minutos no que o Obra comezou mal e acabou moi ben.

Durante os catro actos habituais, galegos e cataláns intercambiaron golpes, canastras e control do marcador.

Pero o derradeiro minuto divide Scrubb e castiga Robertson desde a liña de tres puntos. Obradoiro dous arriba a falta de 40 segundos. Jankuba Sima empatou o encontro a 85 cun lanzamento desde debaixo do taboleiro e chegou a prórroga.

Nos cinco minutos extra os santiagueses foron mellores, máis convincestes en ataque e defensa e manexaron as posesión con xeito e precisión.

E de novo Robertson, decisivo. 25 puntos do escolta norteamericano do Obra, salpementados con 8 asistencias e, a maior parte deles en momentos chave.

Moneke e Robertson estiveron preto dos 30 puntos de valoración. E no Baxi axudaron a Moneke: Francisco (18 puntos) e Thomasson (14).

Noveno triunfo dos de Moncho Fernández que collen azos para o treito definitivo do campionato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade