Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desactivado o estado de emerxencia nos Peares polo risco de inundacións

Desactivado o estado de emerxencia nos Peares polo risco de inundacións

O río Miño está en alerta ao seu paso pola Peroxa e Salvaterra

Tamén o Mendo e o Mero, en Betanzos, e o Tambre en Oroso

O Miño ao seu paso polos Peares
G24.gal 21/01/2023 20:10 Última actualización 21/01/2023 21:53

O río principal de Galicia é tamén o que concentra a maior atención polas enchentes. Desde o nacemento ata a desembocadura o elevado caudal do Miño levou a activar as alertas do Inungal, o plan especial ante o risco de inundación da Dirección Xeral de Emerxencias.

O nivel máximo, estado de emerxencia, desactivouse nos Peares, onde o Miño recibe a auga do caudaloso Sil e mais a do Búbal.

Con estas achegas, a presa de Velle está aliviando máis de 1.500 metros cúbicos por segundo. Ao seu paso pola cidade de Ourense, o Miño enguliu a área recreativa de Oira, os paseos fluviais e as instalacións termais.

"Xa levamos case un mes sen termas porque está inundado. Aí hai un muíño que non se ve", sinala un usuario ao pé das termas do Muíño da Veiga.

Aínda que o caudal está en descenso, tras unha xornada sen chuvia, a alerta por risco de inundacións permanece activa na Peroxa e Salvaterra.

Cun inverno especialmente chuvioso, os caudais da conca Miño-Sil, que viñan dunha seca preocupante, están xa ao dobre do habitual, catro veces máis que o ano pasado.

Na demarcación Galicia-Costa, continúan en alerta o Mendo e o Mero, en Betanzos, e o Tambre en Oroso.

O Miño inunda as piscinas de Oira, en Ourense O Miño inunda as piscinas de Oira, en Ourense
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade