Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vocación de servizo: o traballo solidario das unidades caninas de rescate de Galicia

Vocación de servizo: o traballo solidario das unidades caninas de rescate de Galicia

En total, CASAGA e IAE dispoñen de 24 equipos caninos de salvamento, compostos de guía e can 

Miguel Montero, fundador da delegación galega de IAE, cun dos seus cans de rescate
G24.gal 11/03/2023 15:30

Os cans de rescate son xa imprescindibles para salvar vidas en traxedias como o recente terremoto de Turquía e Siria.

A Policía Nacional foi pioneira en España ao crear a primeira sección de Guías caninos en 1945 con só 8 cans. Tres anos despois, facíao a Garda Civil. Actualmente dispoñen de máis de 800 cans adestrados para todo tipo de investigacións.

Hoxe en día existen unidades caninas de voluntarios, entre elas, dúas galegas: CASAGA en Ferrol, con 22 anos de historia, e a delegación da oenegué Intervención, Axuda e Emerxencias en Padrón, creada a finais de 2022.

O fundador desta última, o bombeiro de Muros Miguel Montero, viaxou a axudar nos rescates entre os entullos que deixou o terremoto de Turquía e Siria. Catro guías caninos de CASAGA e tres dos seus cans tamén estiveron alá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade