Publicador de contidos
Publicador de contidos

Voda ambientada no mundo rural na aldea de Bagude, en Portomarín

Voda ambientada no mundo rural na aldea de Bagude, en Portomarín

Os noivos asistiron ao enlace montados en tractor e nun remolque dos cans

G24.gal 05/08/2023 21:17 Última actualización 05/08/2023 21:26

Así chegaba, en tractor, esta noiva a súa voda en Bagude, unha aldea de Portomarín.

A noiva veu o seu desexo feito realidade. Paula chegaba media hora máis tarde que o noivo, que igualmente se achegou á igrexa dun modo nada convencional, nun remolque dos cans. 

Tras esta posta en escena están os amigos da parella, que quixeron ambientar a celebración no entorno propio da aldea.

A complicidade dos invitados coa parella tamén lles levou a preparar varios escenarios. Nun deles vese un motor que o noivo, que é mecánico terá que desmontar para atopar o regalo dos amigos. Tamén a noiva terá que buscar nunhas rodas de tractor.

Unha voda singular ambientada no rural no que o único tradicional foi a cerimonia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar