Publicador de contidos
Publicador de contidos

Roberto Vilar leva a fin de xira de 'Celebreixon" á súa vila natal

Roberto Vilar leva a fin de xira de 'Celebreixon" á súa vila natal

Roberto Vilar fronte ao escenario de 'Celebreixon' en Xove
G24.gal 14/06/2024 15:58 Última actualización 14/06/2024 16:38

Roberto Vilar porá fin este venres á xira de 'Celebreixon' no lugar onde todo comezou, en San Cristovo de Xove. O escenario foi montado nun campo a escasos metros da casa na que o veu nacer.

Celebreixon é segundo os seus protagonistas un espectáculo "indefinible" pola cantidade de variables que introduce. Trátase da derradeira actuación dunha xira que celebra os trinta anos do humorista na televisión.

 

Todos os ollos están postos no ceo, polo posible mal tempo. Con todo, a diversión está asegurada para a xente de Xove e de toda a Mariña lucense, que gozarán dunha festa cargada de humor e sorpresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade