Vodafone España alerta dunha fraude que suplanta a súa identidade para que os clientes muden de operador
Vodafone España alerta dunha fraude que suplanta a súa identidade para que os clientes muden de operador
Vodafone España alerta dunha fraude que suplanta a súa identidade para que os clientes muden de operador
A operadora recomenda desconfiar deste tipo de chamadas, xa que normalmente as actualizacións dos prezos fanse na factura ou vía SMS
A compañía Vodafone España alerta de que varios dos seus clientes están a recibir chamadas fraudulentas en que se fan pasar pola empresa e lles ofertan aos usuarios unha tarifa e condicións coa idea de que muden de operador e poder obter así os seus datos persoais e bancarios.
"Esta fraude incorpora unha chamada na que unha suposta operadora da competencia propón mellores condicións que as da súa tarifa actual", destaca a empresa nun comunicado. Vodafone recomenda desconfiar deste tipo de chamadas, xa que normalmente as actualizacións de prezos fanse por factura ou SMS.
En caso de dúbida, a operadora aconsella ao usuarios contactar co servizo de atención ao cliente a través da aplicación móbil Mi Vodafone, WhatsApp, teléfono ou acercándose a unha das tendas físicas máis próximas.
Os clientes que sufriran as consecuencias destas estafas poderán denuncialo ao grupo de delitos telemáticos da Garda Civil, á Brigada de Investigación Tecnolóxica (BIT) da Policía Nacional ou a calquera outra autoridade competente, xa sexa online ou presencialmente.