Voluntarios dunha asociación vixían os montes das Somozas as 24 horas durante seis meses
Voluntarios dunha asociación vixían os montes das Somozas as 24 horas durante seis meses
A súa particular campaña contra os incendios empeza en xuño a remata en novembro
As gardas de 24 horas do voluntariado comezaron en 2008 e desde entón apenas houbo lume
Comezou a campaña de incendios e nas Somozas a vixilancia é cousa dos veciños. 73 voluntarios da Asociación de Produtores de Madeira vixían o monte día e noite.
A súa particular campaña contra o lume empezou a semana pasada e dura ata o 30 de novembro. Nela participan cidadáns de todas as idades. Dos 25 ata os 80 anos. Antes de empezar fan un cadrante para organizarse. Cada voluntario terá dúas quendas de 24 horas patrullando os montes das Somozas. "Normalmente tócalles a dúas persoas xuntas", comenta Diana Fernández, voluntaria de Promaso.
Eva López é das máis antigas da Asociación de Produtores de Madeira e di que leva ben estas gardas. De noite cústalle un pouco máis, pero afirma que o fai con gratitude porque se non hai incendios é unha cousa boa para todos.
O monte, fonte de riqueza
O sector forestal no Ortegal é unha fonte de riqueza. O ano pasado, os propietarios de Ferrolterra e Ortegal ingresaron case 33 millóns de euros pola venta de eucalipto e pino.
Promaso é unha asociación que compra madeira e asesora en temas forestais. "Non ten ánimo de lucro", di Toñito López, o seu presidente. Finánciase coas cotas dos seus 400 asociados e demanda máis axuda da administración.