Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve a chuvia e baixan as temperaturas en toda Galicia

Volve a chuvia e baixan as temperaturas en toda Galicia

Este mes de setembro comezou con tempo inestable en gran parte da comunidade

G24.gal 02/09/2024 13:57

En menos de vinte e catro horas a praia viguesa de Samil pasou de estar chea de xente gozando do bo tempo e as das altas temperaturas a estar baleira e tomada polas gaivotas. Houbo que abrigarse en toda Galicia. Marchou o sol, amenceu con chuvia e nalgúns lugares como Lugo as temperaturas caeron ata dez graos e en poucas subiron dos vinte.

Hai que adaptarse, non queda outra. Porén todos agardan que o verán se alongue un pouquiño máis para seguir gozando da praia e tamén polos beneficios que esta época do ano xera para moito negocios.

Nos próximos días a chuvia non volverá, pero si o sol, de xeito especial no sur de Galicia. Porén, aínda que mellora o estado do ceo, as temperaturas no serán moi altas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos