Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cervantes recupera a Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña

Cervantes recupera a Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña

O evento reivindica a produción ao aire libre para obter carne de calidade

G24.gal 14/05/2022 14:06

A Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña de Cervantes reúne preto de 170 animais de sesenta gandeiros da zona. A mostra organízase logo de dous anos nos que se suspendeu por mor da pandemia.

Entronca coas que se levaban a cabo na zona ata mediados dos anos oitenta. O eixe principal é unha carne de calidade, na que os becerros maman practicamente ata que se venden.

Os gandeiros da zona avogan por crialos ao aire libre, un sistema que ten o problema de que a miúdo sofren o ataque dos lobos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade