Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve a Feira Franca de Pontevedra tras dous anos sen celebrarse

Volve a Feira Franca de Pontevedra tras dous anos sen celebrarse

A  organización estima unha asistencia de 100.000 persoas

G24.gal 03/09/2022 14:56 Última actualización 03/09/2022 16:51

Pontevedra celebra este sábado unha das celebracións medievais máis concorridas de Galicia. A organización agarda que participen no evento unhas 100.000 persoas.

A Feira Franca ten ademais a consideración de festa de interese turístico de Galicia desde 2013. Visitantes e residentes devecían pola volta da festa logo de dous anos sen ela. 

Raíñas, princesas, frades, mesoneiras, trasgos ou templarios regresaron ás rúas da Boa Vila para conmemorar o privilexio que Enrique IV lle concedeu durante un mes para celebrar unha feira sen impostos, unha feira franca.

A troula continúa durante todo o día con xantares, cetrería, tiro ao arco, xigantes, grupos musicais, cantares de cego e un gran torneo medieval, con entrada de balde, que se celebra na praza de touros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar