Volve celebrarse a Festa dos Fachós tras a parada do ano pasado pola pandemia, pero con limitacións
Volve celebrarse a Festa dos Fachós tras a parada do ano pasado pola pandemia, pero con limitacións
Haberá a procesión dos fachóns, pero non o repartimento de chourizos e viño
A orixe da festa dos Fachós remóntase ao ano 1751
Hoxe, aínda que con algunhas restricións, volve celebrarse a Festa dos Fachós no concello ourensán de Castro Caldelas despois dun 2021 sen festa pola pandemia. As limitacións teñen que ver sobre todo co aspecto gastronómico do evento.
Dos ata 800 fachóns que o persoal do concello de Castro Caldelas facía, este ano só 60 alumearán a procesión polas rúas da vila pero non faltará esta noitiña o San Sebastián nin o fachón grande con máis de trinta metros de lonxitude.
A procesión comezará pasadas as sete desta tarde no adro do santuario e rematará coma sempre aquí cunha fogueira, pero moito máis pequena que antes da pandemia, e sen chourizos, nin viño, nin festa.
Para os caldelaos, os Fachós é moito máis que unha festa é unha tradición e un sentimento, din. A orixe da festa dos Fachós remóntase ao ano 1751 cando unha peste asolou a vila, co lume purificador e a intercesión do san Sebastián pediron que rematase o mal, o mesmo rogarán hoxe, quen o ía dicir, case tres séculos despois.