Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve Cineuropa: 'Que marabillosa sensación!'

Volve Cineuropa: 'Que marabillosa sensación!'

Ata o 20 de novembro poderemos desfrutar unha programación centrada nos filmes de autor

G24.gal 04/11/2022 16:52

Este venres dá comezo a edición número 36 de Cineuropa, o certame de cine de Santiago de Compostela.

Ata o 20 de novembro, a cidade acollerá unha programación centrada nos filmes de autor e co lema 'Que marabillosa sensación!', que xorde como punto de partida do ciclo de cinema musical que fía todo o certame.

Cantando dende a esperanza

Os 70 anos do clásico Singing in the rain sérvenlle a Cineuropa para lanzar unha mensaxe de optimismo á súa audiencia nun trimestre final de ano de guerra, inflación e recortes.

"O ciclo do musical invita á expansión, a idea de Cineuropa como burbulla", explica José Luis Losa, director do evento.

Burbulla que se inaugura co filme de Mia Hansen Love Unha bonita mañá. E que programará películas de Ostlund, Seidl, Koreeda, Vermut ou Sorogoyen, pero en que non se verán series, como xa fan outros festivais.

Cineuropa volve celebrar esa marabillosa sensación chamada ver cine nunha sala, ata o 20 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade