O San Froilán respírase nas rúas de Lugo tres días antes do inicio da festa
O San Froilán respírase nas rúas de Lugo tres días antes do inicio da festa
Casetas e barracas abertas animan unhas festas que oficialmente comezan o martes
Oficialmente o San Froilán non comeza ata o martes, pero había moitas ganas de troula e o ambiente xa é moi "sanfroilaneiro".
Comezando pola Mosqueira, unha praza que celebra o seu primeiro día do patrón como zona peonil e na que hoxe se fixo unha versión anovada do Comilonum, con postos de comida, xente gozando do día solleiro e nenos aprendendo a cociñar.
A poucos metros, as tómbolas e os postos de venda xa empezan a traballar, igual que as barracas, algunhas cos prezos algo máis altos e outras que se manteñen. Estas son as festas coas que moitos feirantes pechan a temporada.
Tamén as casetas do polbo, outro clásico que case é un compromiso para os hostaleiros que participan. Unha data moi esperada.
Despois de dous anos de maiores ou menores restricións había moita necesidade de volver vivir un San Froilán coma os de antes.
Por iso as rúas xa están cheas de festeiros, aínda que o San Froilán non comeza oficialmente ata o martes.