Lores protagoniza a anécdota da xornada nas votacións en Pontevedra
Lores protagoniza a anécdota da xornada nas votacións en Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores foi o máis madrugador, pero tivo que ir buscar o DNI que esquecera na casa
Rafa Domínguez, acompañado da súa familia e do presidente da Xunta, depostiba a súa papeleta ás doce do medodía no centro deportivo de Pontemuíños
Iván Puentes exercía o seu dereito ao voto no Recinto Feiral de Pontevedra ás once
Foi un dos candidatos máis madrugadores da cidade. Ás nove e media da mañá, Miguel Anxo Fernández Lores exercía o seu dereito ao voto na casa da cultura de Marcón. Puntual coa cita, o actual alcalde deixábanos unha das anécdotas da xornada. Tras esquecer o seu DNI, Lores volvía ata aquí xa con toda a documentación para poder depositar a súa papeleta. Depois, atendía aos medios de comunicación o candidato do BNG.
"Que os cidadáns, vivan donde vivan, se acheguen a votar. Que manifesten a súa opinión non. Indiscutiblemente, canto máis porcentaxe de voto hai, máis acertado será o resultado".
E acompañado polo presidente da Xunta, Rafa Domínguez acudía ao centro deportivo de Pontemuíños a votar ás doce deste mediodía. O candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra depositaba a súa papeleta rodeado da súa familia. Posteriormente, falaba cos medios nunha xornada que agarda sexa tranquila e participativa.
"Esperamos unha xornada tranquila. Que todo o mundo vaia expresar as súas ideas masivamente e recordar a todo o mundo que ten que llevar o DNI para votar que haxa xente que se esquece".
Unha hora antes era a quenda do candidato socialista á alcaldía de Pontevedra. Votaba no Recinto Feiral de Pontevedra. Tras depositar o seu sobre na urna, saúdaba a todos os compoñentes das mesas, os apoderados e os interventores. Entre eles, estaba a muller do propio Iván Puentes. O candidato facía unha chamada á participación.
"Que realmente todos esos indecisos e toda esa xente que non sabía se ía votar, que dicían nas últimas enquisas publicadas que aínda había a semana pasada, que se acheguen ata o colexio electoral".
En Pontevedra, están chamados a votar máis de 67.000 cidadáns.