Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vueling cobrará pola maleta en cabina na súa tarifa máis económica

Vueling cobrará pola maleta en cabina na súa tarifa máis económica

A partir do 23 de novembro poderase embarcar un vulto de 40x20x30 centímetros baixo o asento dianteiro

G24.gal 10/11/2021 09:37

Vueling acaba de anunciar a eliminación da gratuidade nas maletas de 55x40x20 centímetros en cabina na súa tarifa máis barata, segundo explicaron fontes da empresa este martes.

Será a partir do 23 de novembro, cando os pasaxeiros que compren o seu billete coa Tarifa Basic poderán embarcar un vulto de 40x20x30 centímetros, sen limitación de peso, que deberá situarse baixo o asento dianteiro.

Coas tarifas Optima, TimeFlex e Family permitirán embarcar dous vultos: un bolso baixo o asento, e unha maleta de 55x40x20 centímetros de dez quilos como máximo.

As persoas con necesidades especiais, clientes Premium e pasaxeiros con cativos menores de dous anos terán os dous vultos incluídos para levalos a bordo, independentemente do tipo de tarifa escollida.

Vueling ofrecerá opcións para facturar a maleta en bodega en función do peso. Os seus prezos serán a partir de oito euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade