Vueling cancela 58 voos para o luns en España debido á folga dos tripulantes de cabina
Vueling cancela 58 voos para o luns en España debido á folga dos tripulantes de cabina
A compañia actúa de xeito preventivo como xa fixo este domingo, en que suspendeu 64 conexións, dúas delas co aeroporto de Santiago
A cancelación de dúas conexións con Barcelona pola mañá mantivo preocupados os pasaxeiros que tiñan previsto voar a El Prat este domingo con Vueling. A tripulación de cabina da compañía catalá está en folga.
"Estaba consultando a ver se anularan o noso voo pero en principio non, anularon un da mañá e agora pois esperamos que abran para poder facturar. Sabiamos que se anularan uns cantos voos, pero non temos constancia de que anulasen o noso, a min non me mandaron ningún correo", din pasaxeiros.
O sindicato maioritario da empresa convocou folga ata o 31 de xaneiro todos os venres, domingos e luns. Hai paros tamén o 1, o 6, o 8 e o 24 e 31 de decembro e mais o 5 de xaneiro. Reclaman unha suba salarial que a empresa considera non asumible.
"Vimos que podía haber atrasos ou cancelacións ou mesmo anulacións, esperemos que non, porque senón vaia fastidio", explica unha muller.
"Entendo que queiran máis diñeiro e que teñen que reclamar, pero eles teñen que pensar na xente que ten que estar nun sitio a unha hora porque tamén ten traballo", contan dúas mulleres.
En toda España, a aeroliña decidiu cancelar máis de sesenta voos non protexidos pola resolución de servizos mínimos este domingo. Con antelación avisou os pasaxeiros.