Whalley: "É unha final, para cambiar a dinámica en que estamos somerxidos"
Whalley: "É unha final, para cambiar a dinámica en que estamos somerxidos"
O Lugo recibe o Zaragoza no Anxo Carro
O gardameta zaragozano do Lugo Óscar Whalley, afrontará o domingo ante o Zaragoza no Anxo Carro un partido "especial" para el, "moi importante" para o equipo en que se formou e "vital" para o club ao que defende, que está en posicións de descenso, a once puntos da permanencia e a doce dos maños:
"É un partido moi importante para os dous equipos. Para nós é vital, unha final das 13 que nos quedan, non só polos tres puntos, senón por cambiar a dinámica negativa na que estamos, sumar puntos e tirar para arriba", comentou nunha rolda de prensa.
O gardameta avogou por "seguir o ritmo das últimas semanas", a pesar de que o Lugo non logrou impoñerse:
"Aínda que os resultados non foron favorables, vimos un pouquiño de mellora no equipo. Cada xogador é consciente da importancia deste partido", comentou.
Whalley admitiu que é un partido "especial" para el porque o Zaragoza deulle "a oportunidade de xogar no fútbol profesional" tras pasar polas súas categorías inferiores.