Publicador de contidos
Publicador de contidos

Will Smith renuncia á Academia dos Oscar tras abrir un proceso de sanción

Will Smith renuncia á Academia dos Oscar tras abrir un proceso de sanción

Nunha carta remitida á Academia, Smith cualifica o seu comportamento na gala de "impactante e inescusable"

G24.gal 02/04/2022 16:55

O actor Will Smith renuncia á Academia das Artes e as Ciencias Cinematográfica de Hollywood despois de que o luns na gala de entrega dos Óscar lle dera unha labazada en vivo ao presentador Chris Rock.

O cómico fixo, antes de recibir o golpe coa man aberta, unha broma sobre a muller de Smith, que sofre alopecia. O actor asegura que co lapote ao presentador da gala "traizoou" a confianza da institución e acatará o castigo que determine a súa xunta directiva.

 Smith adiántase así á Academia, que comezou o mércores un proceso de sanción. A institución de Hollywood informará do castigo o 18 de abril.

"A listaxe de persoas que danei  é longa e inclúe a Chris e a súa familia, moitos dos meus seres queridos, amigos e aos asistentes e as audiencias do mundo enteiro desde casa", lamenta Smith.

O presidente da Academia de cine respondeu á renuncia do actor e dixo que  a aceptan sen que iso free as súas accións disciplinarias que avanzan. A suspensión e a expulsión estaban entre as medidas contempladas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade