Publicador de contidos
Publicador de contidos

'La sociedad de la nieve' e 'Robot Dreams', finalistas aos premios Óscar

'La sociedad de la nieve' e 'Robot Dreams', finalistas aos premios Óscar

A gala da 96 edición dos premios da Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas estadounidense celebrarase o próximo 10 de marzo

(Imaxe: Netflix) (Imaxe: Netflix)
G24.gal 23/01/2024 15:16

La sociedad de la nieve, de Juan Antonio Bayona, e o filme de animación Robot Dreams, de Pablo Berger, están entre películas finalistas aos premios Óscar. A cinta sobre a traxedia dos Andes opta a dous galardóns, mellor película internacional e mellor maquillaxe e peiteado, mentres que o filme de Berger é candidato ao Óscar á mellor película de animación.

A gala de entrega da 96 edición dos premios que anualmente concede a Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas estadounidense celebrarase o próximo 10 de marzo nunha cerimonia que volverá estar conducida por Jimmy Kimmel.

O filme de Bayona, que relata a traxedia real de voo 571 da Forza Aérea Uruguaia que tivo lugar en 1972 e na que morreron 29 persoas, é candidata ao premio á mellor película internacional xunto á xaponesa Perfect Days, de Win Wenders; a coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e Polonia A zona de interese, de Jonathan Glazer; a italiana Eu capitán, de Matteo Garrone; e a alemá 'Sala de profesores', de Ilker Çatak.

Ademais, a cinta de Bayona está nomeada ao premio á mellor maquillaxe e peiteado polo traballo de Ana López-Puigcerver, Belén López-Puigcerver, David Martí, Montse Ribé. 

La sociedad de la nieve xa é unha das grandes favoritas para os Premios Goya, onde conta con 13 candidaturas, que se celebrarán o próximo 10 de febreiro en Valladolid. Ademais, o filme de Bayona tamén está entre os nomeados aos BAFTA, onde opta ao galardón á mellor película de fala non inglesa.

A película, tras a súa estrea limitada en cinemas, chegou a Netflix o pasado 4 de xaneiro, onde en tan só 10 días converteuse xa nun dos filmes en lingua non inglesa máis vistos da plataforma con máis de 51 millóns de visionados en todo o mundo e alcanzando o número uno en 93 países.

Robot Dreams, a película dirixida por Pablo Berger, candidata ao Óscar ao mellor filme de animación, foi coroada xa como a mellor longametraxe de animación do ano nos premios do Cinema Europeo. Os seus rivais na meca do cinema americano son Spider-Man: Cruzando el Multiverso, Nimona, El chico y la garza e Elemental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade