Xa coñecemos os finalistas para os premios Mestre Mateo
Xa coñecemos os finalistas para os premios Mestre Mateo
Entre as seleccionadas, Esther Estévez, presentadora do Dígocho eu, e Xosé Antonio Touriñán por Catro gatos
Caras coñecidas da televisión e da escena galegas deron lectura aos finalistas das 26 categorías dos premios Mestre Mateo. Entre as seleccionadas, Esther Estévez, presentadora do Dígocho eu, e Xosé Antonio Touriñán por Catro gatos. Os dous optan a mellor programa e mellor comunicador/comunicadora.
Xunto ao Dígocho eu, o programa de cine Clac da TVG tamén é finalista a mellor programa. Esta edición dos Mestre Mateo bateu marcas de candidaturas, con preto de 200 obras presentadas.
Código Emperador, Live is Life, O corpo aberto e O home e o can, todas elas coa participación da TVG, loitarán polo galardón a mellor película nunha gala que se celebrará o 11 de marzo no Auditorio de Ourense.