Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa está aberto ao público o espazo de recepción ás tripulacións da regata Iacobus Maris

Xa está aberto ao público o espazo de recepción ás tripulacións da regata Iacobus Maris

Os grandes veleiros que fan o Camiño de Santiago por mar chegan este venres a Vigo

G24.gal 21/07/2022 20:07

Xa está preparada en Vigo a benvida aos participantes na regata Iacobus Maris, que fai o Camiño de Santiago por mar.

O público poderá encontrarse cos grandes veleiros participantes e mais as súas tripulacións nun espazo de lecer e gastronomía cunha programación de actividades infantís e concertos que esta tarde se inaugurou nos xardíns do Cable Inglés do peirao de Transatlánticos vigués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade