Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa podemos percorrer Galicia nos trens turísticos de Renfe

Xa podemos percorrer Galicia nos trens turísticos de Renfe

Xa están dispoñibles as 14 rutas que nos levarán por zonas moi características 

A nova tempada arrincou este sábado coa ruta das camelias en flor

G24.gal 11/03/2023 21:24 Última actualización 11/03/2023 21:43

Galicia xa se pode visitar de norte a sur nos trens turísticos. Dende este sábado 11 de marzo e ata outubro, Turismo de Galicia en colaboración con Renfe pon a disposición dos viaxeiros e viaxeiras máis de 2.600 prazas para gozar da historia, da gastronomía e da paisaxe da nosa comunidade.

A novidade deste ano é a ruta das camelias en flor que se inauguraba este sábado. Tras facer parada no pazo de Quinteiro da Cruz, o tren seguiu o seu camiño cara a Arcade, onde os pasaxeiros, acompañados dunha guía, seguiron a súa ruta polo castelo de Soutomaior.

A súa viaxe rematou no pazo de Rubiáns. O prezo por pasaxeiro é de 45 euros o adulto e 20 os cativos de 3 a 13 anos. As reservas poden facerse a través da web ou nos despachos de Renfe. Comezaron en 2013 e hai quen repite ano tras ano.,

Nun só día poderán visitar adegas, cantís, pazos, vilas históricas e mesmo castelos. E o mellor de todo, pódese facelo nun medio de transporte sostible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade