Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa se pode ver no Museo Gaiás a exposición 'Xacobeo. As pegadas do Camiño'

Xa se pode ver no Museo Gaiás a exposición 'Xacobeo. As pegadas do Camiño'

Son máis de 200 pezas únicas, entre as que destaca unha reprodución de instrumentos do Pórtico da Gloria ou un cadro do Apóstolo pintado por Murillo

G24.gal 11/03/2022 14:47

Xa se pode ver no Museo Gaiás a exposición 'Xacobeo. As pegadas do Camiño'. Unha extensa colección de pinturas, manuscritos, pezas musicais e códices medievais que proceden dos fondos da Biblioteca Nacional e do Museo do Prado.

Son máis de 200 pezas únicas, entre as que destaca unha reprodución de instrumentos do Pórtico da Gloria ou un cadro do Apóstolo pintado por Murillo.

A mostra sobre o valor universal do Camiño chega a Galicia despois de exhibirse na Biblioteca Nacional, organizadora da mesma xunto coa Xunta e Acción Cultural Española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade