Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa se pode visitar a tumba do papa emérito Bieito XVI

Xa se pode visitar a tumba do papa emérito Bieito XVI

A tumba está situada na cripta da basílica de San Pedro do Vaticano

O corpo de Bieito XVI ocupa a que ata 2011 foi a tumba de Xoán Paulo II
G24.gal 08/01/2023 12:56 Última actualización 08/01/2023 13:17

Desde as nove desta mañá xa se pode visitar a sepultura do papa emérito Bieito XVI, falecido o día 31 de decembro aos 95 anos.

A tumba de Bieito XVI está na cripta da basílica de San Pedro do Vaticano

A sepultura do papa emérito está situada na cripta da basílica de San Pedro do Vaticano. De acordo co seu desexo, os restos mortais de Bieito XVI repousan no lugar que ata 2011 foi a tumba do papa Xoán Paulo II. 

O corpo do papa emérito foi enterrado nun ataúde triplo, con dúas capas de madeira e unha metálica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade