Cargando resultados...
Xa se poden solicitar as axudas para rehabilitar vivendas destinadas ao alugueiro
Xa se poden solicitar as axudas para rehabilitar vivendas destinadas ao alugueiro
As achegas van desde os 3.000 aos 8.000 euros
As axudan poden solicitarse ata o 3 de novembro
G24.gal
07/02/2023 12:07
Desde hoxe, e ata o 3 de novembro, xa se poden solicitar as axudas para rehabilitar vivendas que se destinen ao alugueiro. As achegas van desde os 3.000 aos 8.000 euros. O importe a recibir dependerá do concello no que estea o inmobre e a renda que se vaia cobrar.
Ás subvencións poderán acollerse obras realizadas entre o 3 de outubro do ano pasado e que se finalicen sen exceder a data do 30 de abril de 2024. Serán compatibles con outras axudas á rehabilitación doutras administracións.
Para ter acceso a estas axudas, a vivenda para a que se solicitan ten que estar incorporada ao Programa de Mobilización de Vivendas de Alugueiro da Xunta.