Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa son quince os "tories" que piden en público a dimisión de Boris Johnson

Xa son quince os "tories" que piden en público a dimisión de Boris Johnson

O deputado conservador Nick Gibb vai pedir unha moción de confianza interna contra o primeiro ministro

G24.gal 05/02/2022 19:03

O deputado conservador británico Nick Gibb anunciou este sábado que vai pedir unha moción de confianza interna contra Boris Johnson, co que xa son quince os que reclamaron publicamente a dimisión do primeiro ministro. Porén, non todos confirmaron se solicitaron oficialmente esa votación sobre o seu liderado.

Segundo informa o xornal The Daily Mirror, entre as 300 fotos que se analizan sobre as festas en Downing Street durante a pandemia, hai unha da celebración do aniversario de Johnson, o 19 de xuño de 2020, na que aparece cunha lata de cervexa española na man. O primeiro ministro argumentou que fora só unha pausa no traballo.

A Policía investiga doce festexos en que o persoal, incluídos o xefe do Goberno e a súa esposa Carrie, puido romper as restricións vixentes, o que está penalizado con multas. No plano político, unha imputación a Johnson evidenciaría que enganou o Parlamento.

Nun artigo este sábado no The Daily Telegraph, Gibb afirma que o Partido Conservador, que ten 360 escanos na Cámara dos Comúns, debe "confrontar realidades duras". "Para restablecer a confianza, temos que cambiar o primeiro ministro", escribe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade