Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xavi: "Se queremos optar ao título de Liga, mañá teñen que ser tres puntos"

Xavi: "Se queremos optar ao título de Liga, mañá teñen que ser tres puntos"

Xavi dixo que segue sendo "positivo" e que se mantén "motivado" á fronte do equipo

Foto EFE
G24.gal 16/02/2024 15:49 Última actualización 16/02/2024 15:54

O adestrador do Barcelona, Xavi Hernández, asegurou que non preparou o partido de Liga deste sábado ante o Celta, pensando no do próximo mércores contra o Nápoles, na ida dos oitavos de final da liga de Campións.

"Non pensamos no Nápoles neste momento; xa haberá tempo. O partido de Champions non influirá na aliñación de mañá. Imos paso a paso, e mañá sabemos que son tres puntos moi importantes para mellorar en LaLiga", declarou Xavi na previa da visita a Balaídos.

"Se queremos optar aínda ao titulo, mañá temos que conseguir tres puntos, non podemos fallar máis", engadiu para dimensionar a importancia do duelo contra o conxunto vigués.

Xavi dixo que segue sendo "positivo" e que se mantén "motivado" á fronte do equipo, a pesar de que ten claro que o deixará o 30 de xuño.

"Sigo pensado que podemos acabar de moi boa maneira a tempada", subliñou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar