Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xeada e chuvia ameazan as colleitas de uva e cereixa na Ribeira Sacra

Xeada e chuvia ameazan as colleitas de uva e cereixa na Ribeira Sacra

A floración xa viña atrasada e pode sufrir outra parada

O tempo nas vindeiras semanas será decisivo

G24.gal 21/04/2022 14:50

Hai xusto unha semana as cerdeiras da Ribeira Sacra atraían centos de turistas pola chegada da floración. Agora, as xeadas e sobre todo as chuvias destes días poden facer que a floración se deteña e que os froitos non evolucionen segundo o previsto ou mesmo que non cheguen a agromar. A chuvia non é negativa por si mesma a estas alturas do ano, pero mesturada coas baixas temperaturas si pode danar a colleita de cereixas, mazás, peras ou caquis.

Nos viñedos a situación aínda non é preocupante, se ben as xeadas como a que caeu esta noite si poden ralentizar a saída da parada vexetativa. O contraste entre as altas temperaturas da fin de semana e as baixas das últimas horas si que é prexudicial para as colleitas desta parte de Galicia.

Con todo, o resultado final dependerá do tempo nas vindeiras semanas xa que os métodos de protección son inaccesibles. Se o clima non se complica, as cereixas estarán listas para a terceira semana de maio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade