Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xesús Álvarez Bértolo: "Estamos a dar certezas ao sistema educativo"

Xesús Álvarez Bértolo: "Estamos a dar certezas ao sistema educativo"

A Xunta convoca 1.743 prazas na OPE de Educación, 520 para o corpo de mestres e 875 para secundaria

A proposta coa distribución por especialidades será abordada cos sindicatos na mesa sectorial o vindeiro martes

 

G24.gal 14/01/2024 14:05 Última actualización 14/01/2024 14:44

A Consellería de Educación trasladou esta semana aos sindicatos da mesa sectorial o borrador da próxima oferta de emprego público da Xunta para este ano. Nese borrador está a proposta de distribución por especialidades das 1.743 prazas de oposicións do ensino público, con 520 prazas en primaria e infantil e 875 para secundaria.

"Nós collemos as xubilacións que houbo e o profesorado que cambiou de comunidade autónoma que houbo no ano 2023. O que nos permite o Goberno central nestes momentos é incrementar un 20 % de prazas a maiores. Nós imos ao tope, incrementamos ese 20 % que nos permite o Estado. É dicir, sacamos todas as prazas que nos permite a normativa estatal", destaca Xesús Manuel Álvarez Bértolo, director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación.

A oferta será abordada cos sindicatos CIG, CCOO, ANPE e UXT na mesa sectorial convocada para o vindeiro martes, 16 de xaneiro.

"Presentaremos o Decreto e mais a Orde xeral de distribución para poder poñer en marcha xa todo o proceso e se non hai ningunha dificultade, o 22 de xuño faremos posible que empece con toda normalidade un proceso selectivo máis. Organizacións sindicais e a Administración educativa imos da man para seguir mellorando o sistema educativo galego que é o que a todos nos interesa", engade.

Desde a Consellería de Educación aseguran que están a dar "certezas ao sistema educativo", tamén coas novas medidas que se van implementar, como son a mellora salarial do profesorado, a diminución da súa carga lectiva e a redución do número de alumnos por aula.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade