Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xi Jinping di que non vai renunciar ao uso da forza para reunificar Taiwán

Xi Jinping di que non vai renunciar ao uso da forza para reunificar Taiwán

O congreso do partido comunista chinés confirmará o presidente actual como o líder máis poderoso desde Mao Zedong

G24.gal 16/10/2022 12:41 Última actualización 16/10/2022 21:09

Este domingo comezou o vixésimo congreso do partido comunista chinés, no que Xi Jinping será confirmado como secretario xeral por terceira vez, algo inédito entre os seus predecesores. Deste xeito, converterase no líder máis poderoso do país desde Mao Zedong.

O congreso celébrase nun Pequín blindado e con fortes restricións pola covid-19. Durará unha semana. Os máis de 2.000 participantes elixirán uns 200 membros do comité central do partido.

Na xornada inaugural, Xi Jinping, falou de construír un país socialista moderno, de distribuír mellor a riqueza e de seguir loitando pola reunificación con Taiwán, sen renunciar ao uso da forza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade