Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xi presenta a nova cúpula chinesa, na que os seus adeptos copan todo o poder

Xi presenta a nova cúpula chinesa, na que os seus adeptos copan todo o poder

O máximo órgano de poder do Partido Comunista desaparece calquera indicio de oposición ao presidente

Cúpula do Partido Comunistas Chinés
G24.gal 23/10/2022 10:19 Última actualización 23/10/2022 14:26

O presidente da China e secretario xeral do Partido Comunista (PCCh), Xi Jinping, presentou á prensa os catro novos membros do Comité Permanente do Politburó, a cúpula do liderado da formación. Foi nun acto no Gran Pazo do Pobo de Pequín.

Li Qiang (2), Cai Qi (5), Ding Xuexiang (6) e Li Xi (7) incorpóranse ao órgano, no que se manteñen Xi (1), Zhao Leji (3) e Wang Huning (4). Os ata o de agora números 2, 3, 4 e 7 do PCCh, Li Keqiang, Li Zhanshu, Wang Yang e Han Zheng, xubiláronse por motivos de idade.

No máximo órgano de poder do xigante asiático non figura ningunha muller -tampouco no Politburó, por primeira vez en 25 anos- e desaparece calquera indicio de oposición a Xi ao quedar fóra o viceprimeiro ministro Hu Chunhua, único representante da facción do expresidente Hu Jintao, e o actual primeiro ministro (xa de saída), Li Keqiang.

O líder chinés proscribe das altas esferas os representantes da Liga das Mocidades Comunistas, considerada a facción máis liberal e pragmática da dirección do país. Ademais, Xi foi reelixido este domingo secretario xeral do PCCh e presidente da Comisión Militar Central do partido.

Máxima alerta

Nunha breve e sobria intervención, o líder chinés debullou os seus slóganes habituais e exhortou a centenaria formación comunista a seguir "florecendo na súa propia revolución" e "converterse na máis forte e fiable espiña dorsal do pobo chinés".

"Ante os novos retos neste novo camiño, debemos permanecer en máxima alerta, manter sempre a sobriedade e a prudencia e seguir adiante coa estrita e comprensible gobernación do partido", sostivo Xi.

Reiterou que o mundo "encara retos sen precedentes" e engadiu que "a China non se pode desenvolver sen o mundo, e o mundo tamén necesita a China".

"Tras máis de 40 anos de esforzos incansables en reformas e apertura, creamos dous milagres de desenvolvemento económico rápido e estabilidade social a longo prazo. Agora a economía chinesa é resiliente e ten grandes potenciais e capacidade de manobra", indicou.

Ademais, asegurou que as portas da China seguirán abríndose, á vez que o país seguirá "creando oportunidades para o resto do mundo" a través do seu propio desenvolvemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade