Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xibraltar suspende as festas de Nadal ante o aumento de contaxios de coronavirus

Xibraltar suspende as festas de Nadal ante o aumento de contaxios de coronavirus

As autoridades instaron os cidadáns a evitar as reunións multitudinarias

Fixeron un chamamento á poboación a usar máscara e manter unha distancia social prudente

G24.gal 13/11/2021 19:40

Xibraltar, que comezou moito antes que España a retirar as máscaras nos espazos públicos e a retomar certa normalidade, dá agora pasos atrás.

Despois de que nos últimos días se dispararan de xeito exponencial os contaxios de coronavirus, as autoridades fixeron un chamamento á poboación a manter a cautela.

A máis dun mes das celebracións, suspendéronse xa as festas oficiais do Nadal e as recepcións. Ademais desde o goberno de Xibraltar instouse os cidadáns a evitar as reunións multitudinarias, a levar máscara e a manter unha distancia social prudente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos