Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xoán Carlos I abandona Sanxenxo sen navegar nin recibir visitas familiares

Xoán Carlos I abandona Sanxenxo sen navegar nin recibir visitas familiares

Desta volta non embarcou no Bribón por mor dun catarro 

O rei emérito saúda á saída da casa de Pedro Campos
G24.gal 21/04/2024 12:38 Última actualización 21/04/2024 23:13

Xoán Carlos I finalmente abandonou Sanxenxo. Na súa segunda viaxe deste ano a Galicia non saíu navegar nin recibiu visitas familiares.

Minutos despois das 20:00 horas, o rei emérito saíu da casa de Pedro Campos en Nanín, sentado no asento do copiloto desde o que saudou os medios, en dirección ao aeroporto de Vigo. En Peinador colleu un avión privado con destino á capital dos Emiratos Árabes Unidos.

Por recomendación médica a causa dun catarro, o pai de Filipe VI non participou na segunda serie da liga española de 6 metros que se celebrou esta fin de semana na ría de Pontevedra. 

Porén, achegouse ao porto deportivo o sábado e o domingo para saudar a tripulación do Bribón antes de competir.

Desta volta, o Aida protagonizou a gran sorpresa, ao impoñerse na rolda e situarse no terceiro posto da clasificación xeral que segue liderada polo Bribóncon catro puntos de vantaxe sobre o Titia.

Xoán Carlos I este domingo en Sanxenxo. EFE/Lavandeira Jr Xoán Carlos I este domingo en Sanxenxo. EFE/Lavandeira Jr
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade