Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xoán Carlos I volverá a Sanxenxo o mércores para disputar unha regata da Liga dos seis metros

Xoán Carlos I volverá a Sanxenxo o mércores para disputar unha regata da Liga dos seis metros

G24.gal 09/06/2024 13:57

Xa está confirmado, o rei emérito, Xoán Carlos I regresará a Sanxenxo, de novo recibido polo seu amigo Pedro Campos, a vindeira semana.

Unha confirmación do seu entorno privado e non da Casa Real por tratarse, igual que o resto das outras estancias aquí en Galicia, dunha viaxe privada. O motivo volve ser a participación do Bribón na Liga española dos 6 metros, que se disputará desde o venres 14 ao domingo 16, a cuarta serie.

Esta proba servirá de adestramento para o campionato de España de setembro e o de Europa en outubro, probas nas que seguramente volverá a Sanxenxo o rei emérito. Previsiblemente Xoán Carlos I chegará o mércores, case con toda seguridade a un Peinador xa operativo.

Esta é a novena vez que ven desde 2022. No 24 veu catro veces, a última en maio. Na compaña do seu anfitrión Pedro Campos, Xoán Carlos I é un habitual, un asiduo de Sanxenxo, porque a súa presenza suscita cada vez menos interese no só entre a xente e entre os medios de comunicación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade