Xornada dedicada aos cativos no Festival Internacional de curtas de Verín
Xornada dedicada aos cativos no Festival Internacional de curtas de Verín
Por primeira vez, o festival conta cunha sección de concurso para as curtas infantís
Os cativos e cativas foron os protagonistas da xornada no Festival de Curtas de Verín que se desenvolve ao longo de toda a semana. Durante toda a mañá arredor de cincocentos nenos e nenas da comarca encheron o auditorio, cun contacontos que viaxa canda eles no tempo, da man do cinema e a ciencia ficción.
"É ensinarlles a historia do cine dunha maneira divertida a rapazada. Tivemos outros temas noutras edicións, e este ano toca a ciencia ficción, para que saiban que como antes imaxinaban o futuro é moi parecido o noso presente e mesmo o que está por vir", explica a narradora Raquel Queizás.
Apagan as luces e comeza unha viaxe singular.
"A través dunha máquina do tempo e da ciencia ficción fan un percorrido por varias pezas do cine clásico e despois poden ver as curtametraxes da categoría infantil oficial", apunta Carlos Montero, o director do Festival.
Por vez primeira, o festival conta cunha sección de concurso para as curtas infantís. Un xeito, din, de achegar a xente miúda ao cinema e ao propio festival, e de crear os espectadores do futuro.