Expourense acolle o Funtastik, un evento de ocio saudable para cativos
Expourense acolle o Funtastik, un evento de ocio saudable para cativos
Estará aberto ata o día 13 e tamén vai ter lugar noutras cidades galegas
Un inchable de 900 metros cadrados é a principal atracción
Bañarse entre minifiguras de construción, subir por un pequeno rocódromo ou camiñar entre os míticos pitufos. Son algunhas das actividades das que poden desfrutar os cativos e tamén os pais que se acheguen ata o día 13 ata o salón Funtastik, que se celebra en Expourense e que aposta polo ocio saudable e tamén sustentable.
"Temos unha pista de patinaxe que non consome auga nin luz. O ocio pode ser sustentable", explica Berto Fernández, de Funtastik.
Un inchable de 900 metros cadrados, un minitren ou a pista de patinaxe son tamén parte dunha oferta na que poden desfrutar tanto os pais coma os cativos. As dimensións do recinto permiten acoller máis de mil persoas ao mesmo tempo sen que pareza cheo. Os rapaces encantados de estar aquí e non na escola.
"Gustoume tirarme pola rampla. Sobe a adrenalina". "O mellor é a atracción de saltar". "Desfruto nos inchables difíciles". "O importante é pasalo ben coas amigas". "Este sitio é incrible".
Funtastik vai estar presente noutras cidades galegas neste outono.