Xornada chave para os galegos na loita pola salvación na Liga ACB
Xornada chave para os galegos na loita pola salvación na Liga ACB
O Breogán visita Granada esta tarde, coa idea de coller aos andaluces na táboa
O Obradoiro, que visita mañá a pista do Real Madrid, estará moi pendente deste resultado
O breoganismo viaxou cara a Granada coma se fose un exército de salvamento. A misión: apoiar o equipo nun partido decisivo de cara a súa permanencia na Liga ACB.
Os afeccionados xa tomaron a cidade a pasada noite cos seus cánticos e agora pretenden facer o mesmo co Pazo Municipal.
Mrsic, pola súa parte, anima os xogadores a perde-lo medo a gañar tras as dúas últimas derrotas no treito final.
Mentres tanto, o Obradoiro enfróntase mañá en Madrid o actual campión de Europa, co obxectivo de rozar a perfección para sorprendelo, consciente de que non será un xogo de nenos.
Unha vitoria dos dous equipos galegos suporíalles un salto xigante para a permanencia.