A patrulleira Tabarca, da Armada española, en Laxe
A patrulleira Tabarca, da Armada española, en Laxe
Fai escala dentro dun servizo de vixilancia e seguridade marítima que realiza no litoral
Pode visitarse ata este sábado
A patrulleira Tabarca é o oitavo buque dunha serie de dez unidades das que, a día de hoxe, só tres están en servizo. Ten a súa base na escola militar de Marín e agora está de visita en Laxe.
E canda el a Unidade de Mergullo de Ferrol que, en colaboración co Servizo de Arqueoloxía da Xunta e mergulladores da Policía Nacional viñeron cunha misión concreta e realizaron actuacións no ámbito da protección do patrimonio arqueolóxico submarino.
O Tabarca entregouse á Armada española hai 42 anos e agora ofrecen a oportunidade de subir a bordo para que os que sentan curiosidade poidan coñecer as funcións, capacidades e como é a vida dentro do buque.
A patrulleira estará atracada no peirao de Laxe ata este sábado.