Xornada de portas abertas para coñecer as entrañas do Juan Sebastián Elcano
Xornada de portas abertas para coñecer as entrañas do Juan Sebastián Elcano
Desde o sábado e ata o luns pódese visitar o buque escola da Armada en Marín
Grupos de turistas achegáronse a coñecer este bergantín-goleta
É día de portas abertas no buque escola da Armada que arribou o venres a Marín. Subir por primeira vez neste bergantín-goleta que fixo a súa primeira singradura hai 96 anos impresiona á maioría, pero hai quen vén recordar vellos tempos vividos a bordo.
"Fixen a mili nel na viaxe 74/75, que o pasamos moi ben, nos países aos que fomos: Brasil, Arxentina, Costa Rica, Martinica, Venezuela".
"Fun mariño durante 45 anos. Estiven nesta escola doce anos, Agardeino moitas veces e coñézoo".
"Non o agardaba así, agardábao máis desgastado. Gústame".
Ata o luns poderanse facer estas visitas, e o martes, día do Carme, vai percorrelo a princesa Leonor que á volta do verán ingresará nesta Escola naval e fará o cruceiro de instrución no buque.