Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xubilados de Ourense estrean unha obra no Teatro Principal

Xubilados de Ourense estrean unha obra no Teatro Principal

Son 18 homes e mulleres que levan vinte anos con esta afección

A obra é unha versión de Historias da televisión

G24.gal 29/05/2023 18:37 Última actualización 29/05/2023 19:44

Cando se estreou a película Historias da televisión, que incluía o tema  "La chica yeyé",  os protagonistas da nosa historia eran mozos.

Cincuenta e oito anos despois, ensaian a adaptación que fixeron da película para o teatro.

Uns xubilados cunhas dotes interpretativas máis que contrastadas logo de case 20 anos actuando, os últimos once coa mesma dirección artística.

Este martes vai ser o día grande para uns actores afeccionados que non se poñen nerviosos e que prefiren actuar ante públicos masivos e esixentes.

Logo de tantos anos xa teñen interiorizada a profesión e saben saír de situacións comprometidas.

Ademais de para divertirse e desenvolver a súa paixón interpretativa, os ensaios e funcións sérvenlles como técnica para exercitar a memoria e a socialización. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade