Xulgan un octoxenario de Cabana de Berganiños acusado de matar o seu cuñado
Xulgan un octoxenario de Cabana de Berganiños acusado de matar o seu cuñado
A Fiscalía pide para el dez anos de cadea, coa atenuante de lexítima defensa
O xuízo arrancou contra as dez da mañá na sección segunda da Audiencia Provincial coa elección dos membros do xurado popular.
Os feitos remóntanse ao 5 de xuño de 2019. Aquela mañá, contra as nove, o agora acusado estaba no cobertizo anexo á súa vivenda dándolle de comer aos animais e presentouse alí o seu cuñado, portando unha escopeta coa que o apuntou á vez que lle dicía que o ía a matar primeiro a el e despois a súa irmá.
Aí comezaron un forcexo e o investigado logrou arrebatarlle a arma. Porén nun momento dado, o seu familiar conseguiu collela e volveu apuntalo.
Foi aí cando o procesado colleu unha barra de ferro dun metro de lonxitude e comezou a golpealo na cabeza en repetidas ocasións ata que caeu ao chan causándolle a morte.
Agora a fiscalía pide para el unha pena de dez anos de cadea, coa atenuante de lexítima defensa.
Está previsto que o xuízo se prolongue durante varios días da próxima semana.