Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e autónomos perfilan a Axenda de Impulso ao Emprego ata 2026

Xunta e autónomos perfilan a Axenda de Impulso ao Emprego ata 2026

O orzamento é de 200 millóns

A conselleira de Promoción do Emprego analizou co sector as achegas directas recibidas este ano 

G24.gal 04/09/2023 18:59 Última actualización 04/09/2023 19:40

A Xunta e mais os autónomos perfilan a Axenda de Impulso ao Emprego para os próximos tres anos, que conta cun orzamento de 200 millóns.

A conselleira de Promoción do Emprego presidiu a reunión da Mesa do Emprego Autónomo, en que fixo balance das achegas directas que o sector recibiu este ano e que aínda se poden solicitar ata finais deste mes.

Elena Rivo destacou a importancia dos autónomos para a "economía e a riqueza de Galicia", lembrou que é a comunidade co maior peso de autónomos. En Galicia son case un 20 % fronte ao 16 % do conxunto do Estado.

"Realmente, quen xera riqueza son os autónomos, as cooperativas, as grandes empresas... Sempre poño de exemplo que as grandes empresas moitas veces empezan sendo un autónomo. Polo tanto, consideramos que é moi importante para a economía, para a riqueza de Galicia", afirma Elena Rivo, conselleira de Promoción do Emprego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade