Cargando resultados...
Xunta e Concello da Coruña acordan medidas para controlar os xabarís na cidade
Xunta e Concello da Coruña acordan medidas para controlar os xabarís na cidade
A Administración autonómica poñerá as gaiolas e a local decidirá a súa localización e farase cargo dos animais capturados
G24.gal
31/10/2023 20:41
Última actualización 31/10/2023 20:55
Cada vez é máis frecuente ver xabarís no medio das cidades. A Xunta e o Concello da Coruña acaban de asinar un acordo de colaboración para poñer en marcha de medidas que permitan controlar o xabaril na cidade.
O Goberno galego encargarase da instalación e revisión das gaiolas trampa. Será o Concello quen determine onde se coloquen e tamén farase cargo dos xabarís capturados.